O Polideportivo de Meirás gozará da renovación da súa cuberta

O goberno local adxudicoulle á empresa Cubiertas de Pizarra Galicia SL a construción dun novo teito cun valor de máis de 62.000 euros
Pavillón Meirás

Nas próximas semanas darán comezo as obras de renovación da cuberta no polideportivo de Meirás. No día de onte, a Xunta de Goberno Local de Valdoviño aprobaba a adxudicación á empresa Cubiertas de Pizarra Galicia SL cun orzamento de 62.302,90 euros e un prazo de execución de 3 meses. Concluía así o proceso de licitación das obras, ao que concorreron ata 11 empresas.

Deste xeito, a intervención financiarase con cargo ao POS+2019 e permitirá dar resposta ás deficiencias detectadas na infraestrutura, especialmente en relación ao estado do panel sándwich e ás placas de policarbonato, así como á corrosión detectada en elementos de anclaxe e fixación.

Para remediar a problemática, a actuación contempla a substitución dunha parte do material de cubrición nunha das augas que conforman a cuberta e a colocación de pezas de remate perimetrais e substitución do canalón.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.