O Punto Limpo de Vilar do Colo será impulsado por ata catro concellos diferentes

Onte firmouse un convenio de colaboración onde está a administración de Cabanas, Mugardos, Ares e Fene, esta última encargada do proceso de contratación pública

O pleno municipal de Cabanas, reunido onte 29 de xullo nunha sesión ordinaria, aprobou por unanimidade o convenio de colaboración para a xestión compartida do Punto Limpo de Vilar do Colo. Estas instalacións levan construídas desde outubro de 2013 e desde aquela houbo varias tentativas de poñelas en marcha que non chegaron a ningures. Porén, na última aprobación do convenio de colaboración supón o impulso definitivo para a posta en marcha deste servizo, cuxos custes serán repartidos proporcionalmente entre os catro concellos implicados.

Segundo se pactou e así quedou reflexado no documento aprobado onte, o Concello de Cabanas -que comparte titularidade do Punto Limpo con Fene- asumirá o 12,06 % dos custes, Fene o 47,58 %, Ares o 21,07 % e Mugardos o 19,28 %.

Unha vez aprobado o convenio polos catro concellos será o de Fene o encargado do proceso de contratación pública. As previsións apuntan a que este proceso se inicie ao longo do verán, para así proceder á adxudicación durante este outono.

Desde o goberno de Cabanas valórase positivamente a aprobación do convenio de colaboración entre as diferentes administracións locais, supoñendo o impulso definitivo ao Punto Limpo e coa esperanza de que a súa posta en marcha sirva para eliminar os vertedoiros incontrolados que aparecen ocasionalmente en varios puntos do municipio.

Salir de la versión móvil