O radar de A Malata, baixo o punto de mira

O Partido Popular solicitou unha posible recolocación do radar de A Malata secundado polas sucesivas queixas veciñais

Social Drive

O Grupo Popular solicitou hoxe na comisión de Urbanismo, Medio Ambiente, Servizos, Obras e Seguridade unha copia do expediente de instalación do radar situado no quilómetro 1 da F-15, na estrada do Acceso Norte en dirección á Malata. O motivo da petición atópase nas sucesivas queixas vecinais en contra deste dispositivo de seguridade viaria dende a súa instalación, o pasado 1 de novembro.

O Partido Popular lembrou que o Goberno municipal instalou o radar neste punto quilométrico debido á elevada sinistralidade que rexistra ese tramo viario. Ademais consideran necesario que se mellore a sinalización que advirte da presenza deste sistema de control, así como dos sinais de límite de velocidade que regulan o tramo para evitar confusión aos condutores e garantir que, en todo momento, poidan cumprir coas normas de seguridade viaria.

Para finalizar o partido comandado por Manuel Rey xustificou a boa vontade do radar mentres que non sexa utilizado co principal propósito de recaudar diñeiro para as arcas municipais.

Salir de la versión móvil