O saneamento da ría de Ferrol, máis preto tras os avances na ensenada de A Malata

As obras no paseo marítimo permitirán liberar a metade das verteduras que ían directas á ensenada, e o paso para os viandantes tendrá limitacións horarias

En breves a metade da ensenada de A Malata estará libre de verteduras tras a posta en servizo por parte da Xunta da conexión da estrutura de regulación da Malata co colector da Cabana. A maiores tamén comezará esta semana as obras para instalaros equipos electromecánicos na estrutura de regulación da Malata e no tanque de tormentas do CIS Galicia.

O avance na execución das mencionadas obras provocará a restricción do tránsito peonil no paseo marítimo a partir do vindeiro luns 3 de agosto, e o peche prolongarase polo menos durante dúas semanas. Estes cortes realizaranse por cuestións de seguridade, e cortarán o paso dos viandantes de luns a venres de 08:00 a 18:00 horas, e os venres de 08:00  ás 13:00 horas.

 

Con esta actuación a Consellería de Infraestruturas e Movilidad segue avanzando nas obras de saneamento da Malata, ultimando os traballos para poder poñer canto antes a disposición da cidadanía o servizo da conexión ao sistema de saneamento na contorna da Cabana, permitindo desde a próxima semana deixar libre de verteduras a metade da enseada.

De acordo coa programación dos traballos, procederase á conexión, xa executada, da estrutura de regulación da Malata co colector interceptor da marxe dereita da ría de Ferrol. Deste xeito, márcase un importante fito na execución destas obras, que permitirán, na próxima semana, conectar ao sistema de saneamento unha nova zona da cidade de Ferrol, grazas ao avance do colector do paseo marítimo, deixando xa libre de verteduras a metade da enseada.

Salir de la versión móvil