O Sergas realizará dende mañá 1.500 test do Covid-19 na área sanitaria de Ferrol

A Consellería comezará a citar ás persoas seleccionadas de xeito aleatorio para este estudo epidemiolóxico

O Servizo Galego de Saúde comezará mañá a realizar a primeira das dúas ondas de test que conforman o estudo epidemiolóxico deseñado pola Xunta de Galicia co obxectivo de definir a auténtica dimensión da epidemia da COVID-19. Así, a segunda da súas fases, terá lugar dentro de catro semanas.

Nesta primeira ronda, na area sanitaria de Ferrol realizaranse 1.500 tests, 4.800 en Vigo, 3.500 en A Coruña, 2.800 en Ourense, 2.150 en Lugo, 1.900 en Pontevedra e 1.650 en Santiago.

Con esta análise, a Consellería de Sanidade procurará un triple obxectivo: estimar a prevalencia da inmunidade fronte ao COVID-19 nas diferentes localidades galegas, definir cal é a súa repercusión de acordo ás variables de sexo e idade, e, finalmente, monitorizar a evolución da epidemia durante o período de tempo en que se produza a recollida da información.

A Consellería de Sanidade comezará a citar a cada unha das persoas seleccionadas de xeito aleatorio polo IGE . Ademais, o Instituto Galego de Estatística será o encargado de enviar o listado coas persoas seleccionadas a cada un dos centros de saúde das áreas territoriais definidas.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.