O servizo de comedor escolar de Ferrol contará cun maior reforzo na súa seguridade

Estritas medidas de hixiene e un maior número de monitores tentará evitar calquera perigo para a saúde da mocidade, manténdose o prezo para as familias
Imagen de archivo de un comedor escolar
Imagen de archivo de un comedor escolar

O Concello de Ferrol anunciou está mañá do xoves 3 de agosto que vén de rematar un protocolo de actuación xunto coa empresa adxudicataria do servizo de comedor dos CEIP de cara ao inicio do próximo curso. O novo protocolo garante medidas para que se leve a cabo coas maiores garantías de seguridade, como é o reforzo do persoal nos comedores.

Maior número de monitores, mesmo prezo

Deste modo e tal e como anunciou o alcalde, Ángel Mato, para o curso escolar que vai comezar vaise incrementar o número de monitores nos comedores escolares para garantir que al menos dous responsables atenden o servizo de xantar e almorzo á marxe do número de comensais inscritos.

A partir de aí incrementarase o persoal en función do volume de alumnos usuarios do comedor, pero dito aumento non repercutirá no gasto das familias e manteranse os prezos do curso 2019-2020. Será o Concello de Ferrol quen asuma os custos restantes, posto que na actual situación moitas familiase están atravesando un difícil momento.

Traballo conxunto coas direccións dos centros

O Concello vén traballando coas direccións dos CEIP desde hai dous meses a través de cuestionarios individuais sobre necesidades e intereses así como dos espazos que cada centro posúe para servir os almorzos e xantares ademais dos propios comedores, co obxecto de contar con espazos e distancias suficientes para prestar os servizos. A partir destes datos, a concellería de Educación levou a cabo varias vídeo-reunións técnicas coas direccións dos centros e coa empresa responsable do servizo de comedores.

Limpeza e desinfección dos comedores

Os usuarios dos comedores escolares poderán prescindir da máscara de uso obrigatorio exclusivamente no momento da inxesta dos alimentos. Unha vez finalizado o tempo previsto para almorzar ou comer, volverán poñela de novo. Este uso tamén será obrigatorio se algún usuario ten que levantarse do seu sitio asignado.

Pola súa banda, o persoal encargado do servizo non poderá retirarse en ningún momento a máscara de uso obrigatorio, e será dito persoal o encargado de limpar e desinfectar as instalacións empregadas para xantar e almorzar utilizando produtos adecuados e proporcionados pola consellería de Sanidade.

Unha vez rematado o tempo da comida, non se contempla a realización de actividades grupais e poderase contemplar o uso de instalacións ao aire libre sempre baixo as indicacións de cada centro educativo e respectando os mesmos espazos dos que os usuarios fan uso durante o horario escolar.

Prazo aberto para inscribirse

Xa está aberto o prazo para que as familias soliciten praza para os seus fillos, tanto para xantar como para o almorzo. Ata as 23.59 horas do día 4 de setembro poderán presentar as súas inscricións directamente á empresa responsable do servizo a través do correo electrónico [email protected]. O teléfono de atención ás familias é 630 363 844.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.