O servizo de socorrismo de Ferrol contará con novos dispositivos antiatrangamento

A maiores se incorporan novas medidas debido a actual crise sanitaria motivada pola Covid-19

Turismo de Galicia

O Concello de Ferrol vén de dotar aos 45 socorristas que vixían as praias do municipio con dispositivos de emerxencia en asfixia por antiatragantamento, un equipo de primeiros auxilios a base de succión para liberar unha obstrucción na vía aérea da víctima e válido tamén para nenos.

De igual modo renováronse os taboleiros de rescate e adquiríronse dispositivos antivirais para os equipos de reanimación manual que hai en todas as casetas. Consisten nunha especie de válvula-filtro que impide que os virus pasen da boquilla ao balón de aire que se acciona de forma manual.

Novas medidas xurdidas pola Covid-19

Con motivo da covid-19 este verán os socorristas contan tamén con equipos de protección individual (EPI), entre máscaras hixiénicas para todos os postos, do modelo FPP2 para ocasións determinadas, e xel desinfectante. Tamén se puxo en marcha o plan de limpeza e desinfección diaria de todas as casetas e de elementos da asistencia de socorrismo.

O departamento de Seguridade do Concello elaborou un protocolo de actuación para os coordinadores de casetas e de praias que establece medidas de protección e de actuación con motivo da situación xerada pola Covid-19, e seguindo as indicacións establecidas polas autoridades sanitarias.

Salir de la versión móvil