O servizo de socorrismo de Valdoviño contará cunha inversión de 120.000 euros

Haberá un total de 22 socorristas velando pola seguridade dos bañistas máis os Voluntarios de Protección Civil

Imagen de archivo de un socorrista

As praias de Valdoviño contan dende esta semana co servizo de socorrismo. Un servizo no que o Concello destina unha partida que alcanza os 120.000 euros. Son 22 os profesionais que velarán pola seguridade nos principais areais do municipio en canto a afluencia de bañistas: A Frouxeira, Pantín, O Río, Baleo e Vilarrube. Permanecerán a pé de praia de 12.30 a 19.30 horas e haberá dúas persoas encargadas de organizar o servizo.

Así mesmo, efectivos da Agrupación Local de Voluntarios de Protección Civil veñen de incorporarse a un dispositivo especial de información e control das distancias de seguridade e normas de uso das praias fronte a Covid-19. Así, dende o 2 de xullo e nas vindeiras semanas, encargaranse de velar polo seu cumprimento ofrecendo  información aos usuarios sobre as normas establecidas.

Por outra banda, o alcalde quixo agradecer publicamente en nome do Concello a cesión realizada pola delegación da Cruz Vermella en Ferrol dos carreteles de rescate que, este ano, se incorporan ás praias de Valdoviño. Uns recursos moi valiosos cos que conta a entidade e que permitirán mellorar a resposta por parte dos socorristas en caso de rescate.

Salir de la versión móvil