O último roteiro de «Móvete en Valdoviño» aprázase polo mal tempo

Quedan 6 prazas para visitar o miradoiro do Paraño neste último roteiro que finalmente terá lugar o vindeiro 5 de setembro
MIRADOIRO-DO-PARAÑO-1140x570

O miradoiro do Paraño será un dos puntos destacados do cuarto e último roteiro do programa “Móvete en Valdoviño” que organiza o Concello a través da Concellería de Deportes. Esta andaina de 2 horas e 8 kms a percorrer terá lugar o vindeiro sábado 5 de setembro, dirixida a persoas maiores de 18 anos. Partirá ás 10 horas e o punto exacto de saída comunicarase ás persoas participantes.

6 prazas libres

A ruta prevista para mañá no marco de “Móvete en Valdoviño”con parada no Miradoiro do Paraño queda aprazada polas altas probabilidades de choiva. Das 50 prazas iniciais aínda quedan 6 libres,polo que abrirase novamente a inscrición ata o vindeiro xoves 4 de setembro.

Para cubrir esas prazas a través do correo [email protected] e whatsapp 626 465 531,  sinalando nome e apelidos, DNI, data de nacemento, localidade de empadronamento e teléfono de contacto.

Recomendacións sanitarias

A actual situación sanitaria derivada da Covid-19 obriga ao Concello a plantexar unha serie de recomendacións imprescindibles para tomar parte nas rutas como son: o uso obrigatorio de mascarilla e levar nas rutas un pequeno bote con líquido desinfectante para as mans.

Así mesmo, cada participante levará o seu propio material deportivo e a súa bebida e comida. Durante a marcha, é recomendable camiñar en paralelo cunha distancia mínima de 1,5-2 metros (en caso de que non sexa posible manter esta distancia debido á existencia de vías estreitas farase en fila de un, respetando as distancias entre o anterior e o seguinte participante).

As paradas de descanso que se realizarán durante a ruta serán en lugares amplos onde se poidan manter as distancias de seguridade e, se algún participante necesita algún tipo de axuda, para acceder a algún lugar, será obrigatorio a posterior desinfección das mans.

Como recomendacións xerais para asistir á ruta, a Concellería de Deportes lembra a importancia de levar: mascarilla e xel hidroalcólico (obrigatorio); roupa e calzado cómodo; gorra, visera ou similar; protección solar; auga e algún alimento (froita, barrita enerxética, etc), e chuvasqueiro (dependendo das condicións climatolóxicas).

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.