A comarca está a vivir nas últimas semanas unha oleada de roubos de vehículos sen precentes. Ata catro veciños denunciaron a sustracións dos seus turismos nos últimos cinco días e todos cun factor común, a marca e o modelo: Seat León.
O primeiro deles foi roubado en Catabois e tratábase dun Seat León cor blanco do 2003. O seu dono fixo público o furto nas redes sociais tras denunialo na comisaría de Policía. Outros máis, esta vez de cor negro do ano 2004 foi sustraído en Narón e outro máis, de cor vermello, tamén do 2004 en Neda. Os donos de tódolos vehículos puxeron as perceptivas denuncias ante as autoridades e pediron axuda nas redes sociais para tratar de localizalos.
Ademáis, en Narón apareceu otro Seat León sustraído días antes en Lugo. Sospéitase que fora utilizado nun alunizaxe. Este é un dos destinos principais dos roubos. Según explican os expertos son vehículos sinxelos de roubar para os cacos máis experimentados e bastante potentes no case de ter que fuxir con eles. Solicítase a colaboración veciñal para apotar calquera información sobre o paradero dos vehículos.
O pasado de decembro o Concello de Narón sufrira unha oleada de roubos exactamente igual que esta que tamén afectou aos modelos León da marca Seat. Por aquel entones a Policía Local e o Corpo Nacional de Policía tiveron que reforzar as súas patrullas nocturas nos barrios do municipio. Semanas máis tarde produciuse a detención dun home que era, supostamente, o cabecilla desta banda.