“Os Bolechas e a porta dos camiños” chega ao Pazo da Cultura de Narón

A actividade será o próximo día 29 ás 18.00 horas e terá un aforo limitado de 50 plazas
maxresdefault (12)

O Pazo da Cultura acollerá o vindeiro día 29, ás 18.00 horas, unha nova proposta do Servizo de Normalización Lingüística do Concello, “Os Bolechas e a porta dos camiños”, de Bolanda. A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta organiza esta convocatoria, que chega á cidade a través da Rede de Dinamización Lingüística. Trátase dun espectáculo dirixido a público familiar, recomendado para menores de 4 a 8 anos e as súas familias, e cun aforo máximo de 50 persoas. A actividade é de balde pero é preciso inscribirse previamente a través do correo electrónico [email protected].

No momento da inscrición débese indicar o nome da actividade, o nome e idade do neno ou nena, o nome da nai, pai ou persoa que acompañe ao menor, un enderezo electrónico e un teléfono de contacto. A participación na actividade será por estrita orde de inscrición, tal e como avanzou a concelleira de Ensino, Mercedes Taibo.

O espectáculo céntrase na viaxe que realizan Os Bolechas polo Camiño de Santiago para gañar o Xubileo do Ano Santo 2020. Os pequenos peregrinos vivirán numerosas aventuras e anécdotas ata chegar a Compostela, adentrándose indecisos polos camiños francés, portugués, inglés e pola Vía da Prata, coñecendo os principais puntos de interese de cada un deles.

O público terá a oportunidade de participar durante o espectáculo nun xogo didáctico interactivo, con probas e preguntas. A edil naronesa indicou que os asistentes optarán a unha serie de premios (lotes de libros de Os Bolechas), debido a que esta actividade de dinamización lingüística terá continuidade na web www.osbolechas.gal, á que tamén se poderá aceder dende o Portal da Lingua Galega (www.lingua.gal).

As persoas adultas que acudan e os menores a partir de seis anos deberán levar obrigatoriamente máscara e hixienizar as mans con hidroxel, que estará a disposición das familias á entrada do Pazo.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.