Os Bombeiros de Ferrol contarán cun novo dron con cámara de visión térmica

Este novo dispositivo permitirá detectar focos de calor dende as alturas, puidendo evitar tanto a propagación de incendios como incluso fugas de gas
Imagen de archivo de drones
Imagen de archivo de drones

O Corpo de Bombeiros de Ferrol dispón dun novo dron que se acaba de unir ao que xa estaba en funcionamento. O aparato conta cunha cámara con capacidade de visión térmica, o que fai posible detectar focos de calor aínda que non se poidan observar directamente.

Esta funcionalidade, da que carecía o anterior, facilitaralles ás dotacións a detección, dende o aire e a distancia, dos puntos sobre os que deben actuar en caso de incendio. Da mesma forma, será moi útil para detectar fugas de gases porque mostrará a variación de temperatura respecto do aire.

A loita contra os lumes foi durante o mes de xullo o segundo tipo de intervención que máis se repetiu, cun total de 41. Deles, 8 foron urbanos, 10 forestais, 4 en vehículos e 19 clasificáronse como menores. O primeiro posto en canto a número de incidencias ocúpano as relacionadas coas vespas velutinas -43-, seguido por rescates de persoas -8- e de animais -8-, revisións de edificios -7- e retirada de árbores -6-.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.