Os casos activos de coronavirus na área sanitaria de Ferrol ascenden a 29, nove máis que onte

Dende o luns aumentou a cifra en 20 positivos, onde atraen maior preocupación o gromo xurdido no campamento de Cerdido, os policías de Ares confinados e a empregada de Lefties infectada

A área sanitaria de Ferrolterra está a sufrir un gran repunte de casos activos nas súas respectivas comarcas. Segundo as últimas actualizacións que achegou este xoves 13 de agosto a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, na zona de Ferrol os afectados pola Covid-19 son un total de 29, 9 máis ca onte. Aínda así segue a ser a área sanitaria de Galicia menos afectada, pero non deixa de ser preocupante xa que se debe a que as outras comarcas -excepto Lugo e Santiago- siguen a ver como se expande o virus. Actualmente, en A Coruña hai 544, 93 en Lugo, 60 en Ourense, 51 en Pontevedra, 118 en Vigo e 43 en Santiago.

Os primeiros casos positivos de Ferrolterra foron atopados en Cedeira, despois de que un veciño da zona dera positiva tras unha viaxe ao extranxeiro, e posteriormente comezaron a crecer por diferentes municipios os casos. En Ares hai unha gran preocupación veciñal pola situación que están a vivir 5 policías locais, confinados nos seus respectivos domicilios, xa que un deles estivo en contacto cun contaxiado pola Covid-19.

Outro feito preocupante nestes últimos días foi o gromo xurdido no campamento infantil de Cerdido, onde se contabilizan polo momento un total de 13 infectados, tres monitores dous nenos e oito persoas que mantiveron contacto con algúns dos contaxiados. Dende o Concello de Cerdido comunicaron que outros tres traballadores e máis ao propio alcalde do municipio sometéronse á realización das probas PCR, dando negativos ambos os catro, aproveitando para pedir tranquilidade á poboación local pero, sobre todo, respectar moi escrupulosamente as medidas de seguridade dictadas pola Xunta.

Finalmente, outro foco de infección alarmante foi o descuberto na tenda Lefties do centro comercial Odeón de Narón onde unha das empregadas dera positivo, e desde o martes a tenda mantívose pechada á espera dos resultados das probas que se lle fixeron a outros traballadores.

Salir de la versión móvil