Parece que a curva de contaxios na área sanitaria de Ferrolterra está comezando a calmarse despois de rexistrarse no día de onte un leve descenso de positivos, aínda que xa nas últimas 24 horas a cifra total de pacientes infectados volveu a subir. En comparación con onte -181 contaxios- a cifra só aumentou nun novo caso positivo, pero se restamos os 11 pacientes que abandoaron o virus nas últimas 24 horas o número real de novos infectados ascende a 12.
Son datos que poden reflexar unha falsa realidade do que estamos a vivir pois, a pesar de que a curva de contaxios parece frear, o número de positivos diarios soe superar a decena. A pesar diso, a gravidade do virus nesta segunda onda parece seguir revistindo moito menos perigo para os doentes. Nos centros hospitalarios de Ferrol mantense os cinco ingresados por complicacións respitarorias, dos cales un deles sitúase na UCI á espera de amosar melloras. Son en total 784 os casos acumulados na área sanitaria desde o inicio da pandemia, e preto de 30.000 as PCR realizadas desde marzo cun taxa de positividade do 4%