Os comedores dos CEIP ferroláns gozarán de dispensadores de xel hidroalcohólico de pedal

Un total de dez centros escolares espallados pola cidade poderán ampliar a súa seguridade con estes novos dispositivos, cuxa inversión alcanza os 20.000 euros
novatilu-presenta-hydro-su-nuevo-dispensador-de-gel-hidroalcoholico-de-pie

Esta mesma mañá a concellería de Educación vén de anunciar a adquisición de dez dispensadores de xel hidroalcohólico de pedal para cada un dos comedores escolares dos dez CEIP de Ferrol: o Cruceiro de Canido, Esteiro, Recimil, A Laxe-Valón, Manuel Masdías, Pazos, Ponzos, San Xoán de Filgueira, Isaac Peral e Juan de Lángara.

«Trátase dunha moi boa solución evitar o contacto de mans dos escolares usuarios dos comedores no momento da súa desinfección agora que comeza o curso», especificou o edil encargado da área, Antonio Golpe. A compra destes dispensadores, que se poden recargar, supuxo un gasto municipal total de máis de 20.000 euros.

Esta medida anunciada hoxe polo concelleiro de Educación súmase ás postas en marcha para a xestión dos comedores escolares. «As familias  deben saber que o Concello, dentro das nosas posibilidades, estamos a poñer todos os nosos medios para establecer comedores seguros», asegurou Golpe.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.