As Concellerías de Ensino e Benestar vén de publicar a listaxe provisional de admitidos e excluidos no servizo de comedor escolar -o cal comeza o 14 de setembro- logo de aprobar as medidas anti-Covid que permitirán a posta en marcha do comedor coa máxima seguridade para o curso 2020-2021, tanto no CEIP Unión Mugardesa como no Santiago Apóstol de Franza.
Medidas anti-Covid
O comedor escolar municipal experimentará este curso unha importante reducción do aforo que vén derivada da necesidade do mantemento do distanciamento social e da máxima seguridade nos momentos nos que os usuarios e usuarias teñan que retirarse ás máscaras faciais.
Así mesmo, o servizo finalmente desenvolverase tanto para almorzo como para xantar en dúas quendas. En concreto as solicitudes admitidas son 20 para almorzo e 30 para xantar no Unión Mugardesa, e 6 para o almorzo e 10 para o turno de xantar no Santiago Apóstol de Franza.
Solicitudes aínda por completar
Aqueles solicitantes que teñan que realizar o complemento da documentación das súas solicitudes admitidas de mes completo teñen de prazo ata o 8 setembro 2020 incluído, e aqueles que deban complementar a documentación e a solicitude de cambio de xornada de días soltos poderán facelo ata o de 20 de setembro de 2020, incluido.
Estas tramitacións poden realizarse por rexistro ou a través da sede electrónica municipal. Así mesmo, ábrese un prazo de presentación de reclamacións ata 15 de setembro de 2020 incluído´.
Así mesmo, xa se está a artellar por parte das técnicas municipais un paquete de medidas para a posta en marcha de axudas sociais necesarias no caso de que algunha familia requerise da colaboración municipal por non ter acceso este curso ao servizo de comedor escolar.