Os comités de Renfe e Adif reclaman medidas “urxentes” na liña entre Ferrol e Ribadeo por “risco grave”

Sinalan que o mantemento é nulo e que non se pode garantir nin a seguridade dos traballadores

Os comités do Grupo Renfe e Adif na Coruña reclamaron medidas “urxentes” entre a liña Ferrol-Ribadeo por “risco grave”, sinalaron tras considerar “penoso” o estado de conservación” da mesma.

En concreto, denunciaron a ausencia de “mantemento” e expuxeron que esta situación xa a puxeron de manifesto, nun informe remitido as empresas, antes de que se producise o accidente do pasado 20 de febreiro á altura do Barqueiro.

“Non hai o mantemento mínimo para garantir a seguridade dos traballadores e dos usuarios”, sinalou, con motivo dunha rolda de prensa, Severino Rodríguez, membro do comité de empresa de Renfe na Coruña e secretario xeral da sección sindical de Adif-Renfe de CCOO na área coruñesa.

Respecto diso, asegurou que nesta liña hai “un risco grave” pola presenza próxima de árbores, por posibles desprendementos de pedras e por un estado “bastante deporable” da mesma. “É unha chamada de socorro”, sinalou sobre esta liña, pero advertindo que as convencionais están “abandonadas” en Galicia.

Salir de la versión móvil