Os escolares de Narón contarán con dúas novas marquesiñas na parroquia do Val

O Concello invertiu un total de 6.000 euros nestes postos de espera para o transporte escolar ubicados en Santa Margarita e nas inmediacións da sala de festas da Concha
Marquesina O Val

O concelleiro de Servizos, Ibán Santalla, anunciou esta mañá do luns 21 de setembro o remate dos traballos de instalación de dúas marquesinas para o servizo de transporte escolar en vías municipais da parroquia do Val.

O edil indicou que o Concello realizou un investimento duns 6.000 euros para a colocación destas marquesiñas en dúas paradas que carecían delas, ubicadas nunha zona de paso do servizo de transporte escolar onde as usuarias e usuarios carecían dunha zona para resguardarse.

Santalla recordou que cada ano se instalan dúas marquesiñas deste tipo, fabricadas en madeira por ser máis acordes co entorno no que se ubican -en diferentes puntos da zona rural- contemplándose xa este gasto no orzamento como algo rutinario. «O ano pasado colocáronse en Doso e este ano no lugar de Santa Margarita e nas inmediacións da sala de festas da Concha», apuntou o concelleiro.

O edil naronés avanzou que «o vindeiro ano determinarase a ubicación doutras dúas, unha decisión que se adopta en función das necesidades de cada núcleo rural, tratando de colocalas naquelas zonas nas que máis se precisan e cubrindo así a carencia de marquesiñas para o transporte escolar na zona rural».

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.