Os mariscadores da ría de Ferrol esixen á Xunta que desbloquee o acceso ás axudas para poder iniciar o paro biolóxico

Cinco embarcacións saíron a faenar hoxe nos bancos da zona, mentres que outros marcharon a probar sorte ás zonas de libre marisqueo de Ares ou Sada
DSC_8426

Os mariscadores dos pósitos de Ferrol, Barallobre e Mugardos continuaron hoxe coa segunda xornada de protestas para reivindicar solucións, por parte da Consellería do Mar, ante falta de bivalvos nos bancos marisqueiros da ría. Esta mañá so saíron once mariscadores a pe e cinco a flote na ría de Ferrol. O resto, según explicou o patrón de Barallobre, Jorge López, «tiveron que escapar para as zonas de libre marisqueo de Ares e Sada» para intentar traer algunha captura e non perder o día no mar.

Á degradación que vén sufrindo a ría de Ferrol no último ano e medio, onde a produción de ameixa reduciuse a mínimos históricos, uniuse a aparición dun parásito –o “Perkinsus Marinus”– que está aniquilando a poboación de bivalvos nos principais bancos marisqueiros, especialmente nas Pías. Ante esta situación, os profesionais do mar veñen demandando desde o mes de febreiro un paro biolóxico ou cese de actividade, que en ambos casos tería que vir acompañado de algún tipo de prestación temporal. Pero os criterios e baremos que marcan a Unión Europea para poder acceder a estas axudas comunitarias como as do Instituto Social da Marina (ISM) deixaría fora ao 90% dos mariscadores da comarca.

«As axudas da Unión Europea non se contemplan para o marisqueo a pé nin para as cuartas listas ( que é marisqueo a pé con embarcación auxiliar) e no caso do ISM a meirande parte dos socios xa se acolleron a unhas axudas de dous semanas que houbo tralo Covid por unhas toxinas, e agora terían que ter outros 12 meses de actividade para poder optar a dous meses de prestacións», explicaron desde as confrarías.

Polo momento, explicaron os afectados, a Xunta non lles da unha saída razoable para paliar a falla de capturas; unha problemática que está afectando «gravemente a máis de 600 familias da comarca», que levan meses sen apenas ingresos. «Nós somos autónomos, pero en realidade traballamos de forma conxunta nunha cadea -explicou o responsable da confraría fenesa- onde se os mariscadores non van ao mar, os bancos non se traballan, e se non se traballan non producen, se non hai produción non chega o marisco ás lonxas, os socios non cobran e as confrarías van a pique. Temos que entender que isto é como si afectase a unha grande empresa, como pode ser Alcoa».

O xoves da próxima semana, o día 22, van intensificar as súas protestas realizando unha manifestación en coches que saíra da Malata e discorrerá polos concellos da ría para visibilizar ante a sociedade a cantidade de familias que están afectadas por esta crise produtiva. Mañá venres, os patróns das tres confrarías terán tamén unha reunión co presidente da Federación Galega de Confrarías e co presidente da entidade provincial da Coruña para intentar recabar máis apoios nas súas demandas.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.