Os novos datos na área sanitaria de Ferrolterra sitúan en 189 o récord de positivos por Covid-19

Sanidade continúa cifrando en cinco os positivos por coronavirus nos centros escolares da comarca
Un profesional realiza una prueba para la detección de la covid-19
Un profesional realiza una prueba para la detección de la covid-19

Despois de que a curva de contaxios experimentara días atrás unha suposta estabilidade, os datos arroxados hoxe pola Dirección Xeral de Saúde Pública de Galicia amosan todo o contrario. O coronavirus segue avanzando con paso firme polas diferentes comarcas que compoñen a área sanitaria de Ferrolterra chegando segundo as últimas cifras a un novo récord, un total de 189 casos positivos.

A día de hoxe mércores 23 de setembro son un total de 189 os contaxios por coronavirus na área de Ferrol, o que supón un incremento de ata 9 en comparación coas cifras de onte -180 en total-. Porén, esta cifra a pesar de amosar 9 novos casos con respecto ao dia anterior, a cifra real correspóndese cun total de 15 ao ter en conta os 6 novos pacientes curados. Con estes son un total de 839 os casos non activos ou curados dende que comezou a pandemia.

Estos números tan altos veñen dados polo gran número de probas epidemiolóxicas que se están a facer, con máis de 240 diarias. Dende o inicio da Covid-19, na área de Ferrolterra lévanse feitas case 30.000 probas, cunha incidencia de positivos dun 3,6%.

Estabilidade hospitalaria

A pesar de que a subida e baixada de contaxios é unha constante nos vindeiros días, a situación nos centros hospitalarios é diferente. Segundo os datos producidos nas últimas 24 horas, a atención médica na UCI así como o número de hospitalizados sin necesidade de coidados intensivos mantense estable, sendo un total de 7 ingresados -5 en unidades de hospitalización e 2 en unidades de coidados intensivos-.

5 positivos nos centros escolares da comarca

Pouco tardaron en saltar todas as alarmas nos centros escolares pertencentes a área sanitaria de Ferrolterra, tras coñecerse segundo a información aportada por Sanidade 5 positivos: 1 no CPI As Mirandas de Ares, 1 no IES Leixa de Ferrol, 1 no CEIP de Piñeiros, 1 no CEIP do Feal e o último no CPR Ayala -estos últimos tres en Narón.

Porén o IES Leixa, mediante un comunicado público negou onte que neste centro exista algún caso positivo de Covid-19 entre os traballadores do centro, nin tampouco entre os alumnos xa que comezan hoxe mesmo as clases.

1 positivo na casa consistorial de San Sadurniño

Esta mesma mañá o Concello de San Sadurniño informou do contaxio por coronavirus dun dos edís da localidade. Segundo informacións oficiais, despois de sentir varios síntomas como febre e calafríos púxose en contacto co Sergas e foi sometido á pertinente proba PCR, que rematou dando positivo.

Porén, a pesar da noticia as dependencias municipais quedan libres de calquera protocolo anti-Covid, posto que o edil collera uns días libres a semana pasada e non pasou polo Concello agás o luns 14, permanecendo gran parte da mañá no seu despacho, e agora confinado no seu domicilio gardando unha corentena de 14 días. Dende a administración local piden á toda a poboación de San Sadurniño moita cautela tras este novo positivo e en plena segunda onda de contaxios.

Foco de 18 positivos en Ortigueira

Onde si aumenta a preocupación é en Ortigueira tras informar onte dende o propio consistorio do crecemento no número de contaxios no municipio, o cal ascendeu a un total de 18 positivos.

A pesar desta noticia séguense a manter as pertinentes probas a todos os contactos directos dos contaxiados. Ademais, quen o necesite ten á súa disposición dous números de teléfono para facer compras, retirar basura ou calquera outra necesidade durante as 24 horas.

De día estará en servizo o 604002167, e de noite o 603473044. A partir do luns habilitarase un segundo teléfono para o horario de día.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.