Os núcleos de Ferrol, Eume e Ortegal de menos de 5.000 veciños deixan de ter limitación horaria para saír á rúa

A medida, anunciada hoxe polo presidente da Xunta, afecta a máis dun 40% da poboación das comarcas

Iluminación carretera de Castro

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou que a partir deste venres os veciños dos núcleos de menos de 5.000 habitantes poderán saír das súas casas para pasear ou facer deporte sen limitación horaria. Desta forma péchase unha polémica que comezou coa imposición por parte do Goberno central das franxas horarias aos municipios de máis de 5.000 habitantes e cuxo criterio de aplicación foi criticado polo goberno galego.

 

 

Desta forma, o presidente Pedro Sánchez atendeu á reclamación do executivo de Feijoo ter en contar os núcleos poboacionais, como as parroquias, en lugar dos municipios. “Agradezo a rectificación”, escribiu este xoves Feijóo a través da súa conta de Twitter. Esto afecta especialmente a comarcas como as de Ferrol, Eume ou Ortegal, que teñen a máis dun 40% da poboación vivendo en núcleos ou parroquias con menos de 5.000 veciños.

 

Salir de la versión móvil