Os positivos por coronavirus ascenden a menor ritmo no área de Ferrol

O último parte reflexa un aumento do case 11% nas últimas 24 horas ata os 243 contaxios
marcide55

O número de contaxios por coronavirus segue medrando en Ferrol, pero faino a un ritmo máis lento que na pasada semana. O último parte oficial remitido polo Sergas a través da Dirección Xeral de Saúde Pública indica que o crecemento dende onte foi de 24 novos positivos, deixando a cifra total de infectados en 234 en Ferrol, Eume e Ortegal. Isto supón un incremento dun 11% dos casos, fronte aos crecemento de máis dun 20% (ata dun 133%) que se rexistraron nas pasadas semanas.

Esta ralentización dos novos positivos tamén ven acompañada dun crecemento nas altas hospitalarias, das que xa se rexistraron 14 dende o inicio da crise. Dos actuais casos activos, 192 atópanse nos seus  domicilio con síntomas leves e 51 nos hospitais de Ferrol. Destes, 14 revisten maior gravidade e están en coidados intesivos e os outro 37 están ingresados no Marcide, no Naval e no Juan Cardona.

 

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.