Os sindicatos de Navantia reclaman probas de acceso «obxectivas» e «presenciais» antes de rematar xullo

Pedirán á dirección da empresa que os exames se realicen nunha das naves de FIMO "o antes posible" para incorporar ao operarios á volta das vacacións
DSC_3786

Os sindicatos que forman parte da Comisión Central de Emprego de Navantia na ría de Ferrol -CCOO, CIG, CSIF, MAS e UGT- acordaron esta semana trasladar unha proposta conxunta á dirección da empresa para regular as probas de acceso correspondentes ao presente ano 2020.

As centrais sindicais expresaron que o principal obxectivo destas probas debe ser «a obxectivididade». Desde a CIG, explicaron que o acceso de operarios de Navantia fíxose históricamente con probas obxectivas en forma de exame que procuraban a igualdade de oportunidades «que a sociedade demanda nunha empresa pública». Por iso, neste novo acordo entre representantes dos traballadores, proporán que as probas de acceso deste ano se realizan nesas condicións, «con obxectividade e transparencia».

Sería con exame para as prazas con menos experiencia, júnior, e con exame e baremo de méritos para persoas con máis experiencia, sénior. Ademáis, os sindicatos volven reclamar se que fagan de forma presencial e volve posicionarse en contra dos exames telemáticos como os que se realizaron a pasada semana para os técnicos junior, que xerou malestar entre algunhas centrais pola «falla de garantías» que supoñía.

De feito, de cara estas próximas probas xa que está barallando a posibilidade de facelas nunha das naves do recinto feiral de Punta Arnela, actualmente en desuso. As datos aínda non estarían confirmadas, pero poderían ser a mediados do mes de xullo.

Desde a CIG demandan unidade entre as centrais sindicais para que a dirección vexa «que non van ceder na defensa da igualdade de oportunidades no acceso a Navantia». O sindicato nacionalista considera importante que a Dirección de Navantia «aproveite este consenso sindical e que o impulse no menor tempo posible».

 

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.