Os traballadores de Navantia graban os restos do cohete ruso que atravesou o ceo de Ferrol

O obxecto avistouse contra ás 06.30 da mañá en dirección nordeste suroeste, cara o océano.
coheteferrol

Un cohete ruso que se desintegrou ao volver entrar na atmosfera tras levar material á estación espacial foi avistado na madrugada deste martes desde distintos puntos de Galicia nos que o ceo estaba despexado, entre eles na comarca de Ferrol. Nesta zona viuse pasar desde o nordeste ata o suroeste, caro o océano.

Só foron testigos deste acontecemento aqueles que estaba xa despertos ou na rúa poco despois da 06.30 horas, momento no que se produciu o avistamento. Algúns dos afortunados foron os traballadores de Navantia na ría de Ferrol, que lograron captar o momento.

Tal e como confirmaron dende o Observatorio da Universidade de Santiago, «son os restos do cohete  ruso Soyuz, que foi enviado o pasado día 25 desde Baikonur (Kazajistán) para levar subministracións á Estación Espacial Internacional». No vídeo, distínguese claramente un ronsel de gas producido polo quecemento do obxecto, e tamén se aprecian moitos fragmentos que se van desprendendo.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.