Os traballadores de Navantia inician un calendario de mobilizacións reclamando carga de traballo

Esixen ao asteleiro público a construcción dun novo buque que xa estea deseñado, como os de aprovisionamento loxístico

Os operarios concentráronse ás portas do asteleiro.

Os traballadores de Navantia Ferrol e das compañías auxiliares iniciaron este xoves un novo calendario de mobilizacións para demandar carga de traballo no estaleiro, que terá as bancadas baleiras durante este ano e o próximo. Así o advertiu o presidente do comité de empresa, Javier Galán, quen alertou da falta de traballo nos estaleiros ferroláns, polo que demandou a construción dun buque do tipo AOR. “A única solución é a construción dun buque que xa teñamos deseñado. Sabemos da necesidade que teñen na Armada cun buque destas características, que sería a substitución do ‘Patiño’, pero estamos abertos a calquera outro tipo de buque que sea carga de traballo a este estaleiro nos anos 2020 e 2021”, apuntou durantete a celebración dunha concentración ás portas do estaleiro ferrolán.

A protesta na entrada das instalacións de Navantia deu inicio a un calendario de mobilizacións que foi aprobado nunha asemblea desenvolvida desde as 10.00 horas no interior do estaleiro ferrolán. Así, o 20 de febreiro está previsto unha mobilización por distintas rúas e avenidas de Ferrol na que tamén participarán os operarios de Navantia Fene e que concluirá ante o Concello de Ferrol. Unha semana máis tarde, o día 27, realizarán unha nova concentración ante a porta do estaleiro de Ferrol e acudirán durante a tarde ao pleno do consistorio da cidade naval.

O seguinte xoves, día 5 de marzo, haberá unha nova mobilización polas rúas durante a mañá e, pola tarde, os traballadores acudirán ao pleno do Concello de Fene. Unha semana despois, o día 12, terá lugar unha nova concentración ante a porta do estaleiro. O domingo 15 de marzo está convocada unha manifestación comarcal e o 26 de marzo concluirá o calendario de mobilizacións cunha protesta conxunta cos operarios da antiga Astano, en Fene. Javier Galán sinalou que xa foron moitos os operarios das compañías auxiliares que perderon o seu posto de traballo “sobre todo no gremio de aceiros, tras a botadura do segundo buque AOR”.

Pola súa bande, dende a CIG-Industria insisten na necesidade de apostar por estes “Xoves do Naval” e intensificar as medidas de presión “porque temos 1.840.000 motivos para nos mobilizar”. Con esta cifra, a central sindical alude aos metros cadrados que ocupan as instalacións de Navantia en ambas beiras da Ría de Ferrol e que, comparadas con outras infraestruturas empresariais da comarca, superan a superficie que ten, por exemplo, o Polígono de Río do Pozo.

Xunto a isto, a CIG defende a necesidade de contar cun plan estratéxico a longo prazo “que remate dunha vez por todas coa dependencia do sector militar, co periódico baleirado de gradas, e coa consecuente e periódica expulsión do persoal da industria auxiliar ao desemprego ou á emigración”.

Salir de la versión móvil