Oysho escolle Doniños para promocionar as súas «Summer Sessions»

Nun dos areais máis coñecidos da zona levarase a cabo un "photoshoot" coa participación de tres modelos ferrolás
109535420_23845061364010754_5241195182911484035_n

Non é a primeira vez que Inditex utiliza as praias de Ferrol para unha sesión de fotos dalgunha das súas marcas, e con toda probabilidade non será a última. Xa o fixera o ano pasado aproveitando a beleza do areal de Santa Comba para a súa máis que coñecida tenda Pull & Bear, ou as instantáneas sacadas na fermosa e salvaxe praia de Campelo, ou a inesquecible achega dun personaxe tan coñecido coma Marc Márquez, o campión de motociclismo que se fotografiou nos cantís de Meirás con motivo da súa colección coa marca de Inditex. E agora toca cambiar e darlle a oportunidade a Oysho, pero o que non varía serán as vistas e a fermosura que estas agochan.

Nesta ocasión, a cadea de roupa íntima feminina escolleu a praia de Doniños para realizar a sesión de fotos coa que promocionar as súas «Summer Sessions», ambientadas no mundo do Yoga e no do Surf. Ademais, para estas «photoshoot» de marcas de moda contarán coa colaboración de tres modelos da comarca de Ferrol.

E é que non so a beleza paisaxística que esconden Ferrol e as comarcas veciños é o que atrae a estas exitosas marcas espalladas por todo o mundo, senón tamén a cercanía que supón se temos en conta a central de Pull & Bear, situada no polígono industrial do Río do Pozo, en Narón.

Eventos nacionais e internacionais

A maiores desta sesión fotográfica que ten preparada Oysho, haberá varias actividades relacionadas co mundo do Yoga e do Surf en varias cidades españolas, entre elas A Coruña. A cidade herculina ten a sorte de fomar parte destes eventos organizados por Inditex, ao igual que Madrid, Valencia e Ibiza. Ditas actividades que se levarán a cabo ao aire libre realizáronse no mes de xullo e quedan algunhas citas pendentes que poder revisar no seguinte ligazón.

No que respecta a cidade herculina, xa levan feitas 7 actividades, e aínda quedan pendentes outras dúas: a primeira levarase a cabo hoxe 23 de xullo ás 18.30 horas na praia de Bastiagueiro, e a segunda terá lugar o 29 ás 19.30 horas na explanada de As Esclavas.

E xa a nivel internacional aparecen os nosos países veciños, Francia e Portugal, os cales gozarán tamén destas actividades en espectaculares cidades recoñocidas mundialmente, como son París, Lisboa e Cascais.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.