O aparcamento do Sánchez Aguilera estará pechado dende o martes por obras

A intervención no párking conta cun presuposto que se aproxima aos 12.500 euros e consistirá en traballos de arado superficial, o aporte de áridos para o recebado de fochas e o posterior nivelado e compactado da superficie
Ferrol activa un servizo para realizar a compra de alimentos e medicamentos a quen o necesite

A campaña municipal “Se non podes, imos nós” comeza mañá venres e atenderá ás persoas necesitadas de luns a sábado a través dos números de teléfono 981 320 000 e 698 126 700
As policías Local, Nacional e Naval crean un mecanismo de coordinación para as labores de vixilancia en Ferrol

O Corpo de Infantería de Mariña puxo a disposición os seus recursos loxísticos para o traslado de persoas ou bens no caso de que haxa que cubrir necesidades sanitarias ou sociais
Sete novos positivos: Ferrol dobra en 24 horas o número de infectados por coronavirus

A consellería de Sanidade anunciou que os casos pasaron de 8 a 15 en tan só un día
A terra chega finalmente á praza de Armas
Os operarios afánanse estes días por rematar os traballos antes do 4 de abril, a nova data límite concedida polo goberno á empresa encargada da obra
VIDEO | Detido un mozo que facía exercicio nun parque de Canido

Os axentes reprenderon verbalmente aos rapaces antes de proceder a detención dun deles por desobediencia
Primeira vítima mortal de Ferrolterra por coronavirus

Un veciño de Cedeira de 72 anos, que se atopaba ingresado no CHUAC, é o cuarto falecemento en Galicia
Neda pide medios á Xunta para o seguir prestando o servizo de axuda no fogar

Unha empresa local cedeu ao concello 100 mascarillas profesionais para estes traballadores
Tres peóns e un local de hostelaría sancionados en Ferrol

Dúas personas recibiron sendas multas por pasear os cans en Doniños aínda que vivían no centro da cidade
Xa son oito os infectados por Coronavirus en Ferrol

Tres deles permanecen ingresados e reciben atención no Arquitecto Marcide