Esta semana comezarán as obras de mellora do aglomerado da Avenida do Mar de Caranza

A maiores tamén aprobarase o acondicionamento do tramo na estrada Brión-Liñares-Martín-Espiño, para o cal poderanse presentar ofertas ata o 21 de setembro
Desarticulada unha banda de estafadores que utilizaban o método «Vishing»

Un veciño de Mugardos sufriu esta estafa, onde os presuntos autores usurpaban os datos bancarios da vítima e realizaban as pertinentes transferencias bancarias
Narón inicia un curso de formación de «Carnizaría-Chacinaría»

Este cursillo está pensado para a veciñanza maior de 18 anos desempregada e empadroada no concello, cunha duración total de 435 horas
A Xunta envía máis de 40.000 unidades de material de protección a varias institucións de Ferrolterra

Residencias, entidades sociais, escolas infantís e centros sociocomunitarios son os beneficiarios desta axuda por parte da administración autonómica fronte á Covid-19
Narón e Fundación Ingada firman un convenio de colaboración

A Fundación con persoas afectadas por Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade percibirá con este acordo un importe total de 2.500 euros
Os traballadores de Navantia concentráronse no Parlamento para esixir carga de traballo urxente

Representantes do comité de Navantia e das empresas auxiliares movilizáronse o pasado xoves 3 de setembro para buscar apoio ao sector naval
A área sanitaria de Ferrol acada o seu rexistro máis alto de positivos por coronavirus

Son un total de 159 os infectados por coronavirus en Ferrolterra, a mesma cifra que o pico máis alto contabilizado o pasado 29 de abril en pleno confinamento
A Deputación financiará as obras de saneamento ao lugar das Picas, en Fene

Destinaranse un total de 58.844 euros para dotar a este núcleo veciñal pertencente á parroquia de Magalofes dun servizo esencial
O Concello de Valdoviño confínase tras rexistrar un positivo por coronavirus

O pasado venres 4 de setembro saltaron as alarmas despois de que un edil da casa consistorial contraxera o virus tras a realización da pertinente PCR
Arrancan de forma escalonada as clases nas escolas infantís de Narón

A Solaina, A Gándara e Piñeiros son os tres centros educativos que comezan un novo curso dende que se pecharan as portas o pasado 12 de marzo