Segundo novo caso de coronavirus na área de Ferrol en 48 horas

Trátase dun contaxio vinculado co rexistrado o martes en Cedeira, polo que de confirmarse un terceiro caso trataríase oficialmente dun rebrote
Cedeira continua a desenterrar a súa propia historia coa escavación arqueolóxica en Punta Sarridal

Neste xacemento arqueolóxico atópase un castro que data do século III a.C. e varias estruturas defensivas que permiten ollar ao pasado da localidade
Mato reclama ao Goberno e a Navantia que deriven máis carga de traballo aos estaleiros da ría

O alcalde de Ferrol lamentou que Iberdrola e Windar non conten co estaleiro de Fene no último contrato da eólica mariña valorado en 200 millóns
O Punto Limpo de Vilar do Colo será impulsado por ata catro concellos diferentes

Onte firmouse un convenio de colaboración onde está a administración de Cabanas, Mugardos, Ares e Fene, esta última encargada do proceso de contratación pública
O Pazo da Cultura de Narón acollerá unha morea de espectáculos infantís de setembro a decembro

O Padroado presentou a programación cultural para os próximos meses, que inclúe concertos, teatro, títeres ou un musical, entre outros
A piques de rematar as obras de aglomerado nos camiños das Cabazas, en Covas

Estendeuse un novo firme nun tramo de máis de dous quilómetros e actuouse tamén nas cunetas
Ferrol en Común volverá levar ao pleno a retirada do busto de Juan Carlos I da fachada do concello

Os de Jorge Suárez xa quixeron facelo en 2016, cando gobernaban, e agora apelan de novo ás forzas municipais «que se fan chamar republicanas»
Pesar polo falecemento da xornalista Patricia Rey Varela, irmá do exalcalde José Manuel Rey

O funeral da xornalista, de 43 anos, oficiarase ás 12.30 horas na concatedral de San Xiao.
Detectado un caso de Covid en Cedeira procedente do extranxeiro

A persoa permanece illada e o equipo de rastreadores do Sergas xa está a traballar para identificar a todos os veciños que tiveron contacto desde que chegou á vila fai 5 días
Cedeira avanza no seu primeiro Plan de Igualdade

O proxecto vaise elaborar a través dunhas mesas de traballo participativas e dunha comisión