As unidades e os diferentes corpos despregados para intentar atopar o pescador desaparecido o pasado domingo 20 de setembro paralizaranse tras case 5 días consecutivos de búsqueda. O home, de 59 anos e propio de Freixeiro, en Narón, saíra a faenar ás 15.00 horas o domingo da pasada fin de semana preto do litoral de Covas, e non se dera a voz de alarma ata a noite dese mesmo día.
Nos seguintes días farase unha búsqueda pasiva, levada a cabo polas unidades de Salvamento Marítimo mobilizadas para a realización dos seus respectivos exercicios programados, as cales intentarán atopar algunha pista a maiores das súas obligacións. En 9 días volverase a despregar o dispitivo de búsqueda
Sen ningunha pista máis que o seu vehículo
Unha gran cantidade de unidades foron mobilizadas para intentar atopar algunha pista sobre o paradeiro do pescador desaparecido. Tal e como informaron dende o Centro de Salvamento Marítimo da Coruña, participaron propios medios de Salvamento así como outras administracións para prestar apoio, como a Policía Local, Policía Nacional, Protección Civil e os Bombeiros de Ferrol.
Tamén o helicóptero Helimer 402, a Salvamar Betelgeuse, a patrulleira da Garda Civil Río Jallas e os GEAS -Grupo Especial de Actividades Subacuáticas- utilizáronse para intentar avanzar algo no dispositivo de búsqueda, pero non tivo os resultados desexados. Polo momento a única pista é a do seu vehículo, atopado nas proximidades da cetárea de Covas, o mesmo punto utilizado polas respectivas unidades en acción como punto loxístico.
Nestes últimos días a zona de rastrexo do individuo acotarase dende o suposto lugar da caída -preto da cetárea- ata Cabo Prior. Porén, o cambio das mareas nas últimas horas e os pronósticos de derivas fixeron que a búsqueda se ampliara ata Meirás e A Frouxeira.
Un corpo achado que non se corresponde co desaparecido en Covas
De feito, o pasado martes 22 de setembro saltaron as alarmas despois de que os tripulantes do pesqueiro «Primero Victoria» atoparan un cadáver a unha milla e media de Cabo Prioriño. Tal e como parecía nun primeiro momento, todo apuntaba a que podía ser o corpo sen vida do pescador desaparecido, pero tras a primeira análise comprobouse que nin a idade nin a roupa que levaba posta correspondíase.
Unha vez descartada a primeira das sospeitas fíxose unha recopilación das diferentes persoas desaparecidas que puideran identificarse co corpo achado, e finalmente atopouse unha similitude. Carlos Eduardo Juárez, un mozo ao que se lle perdera a pista o pasado 5 de setembro, é a principal sospeita despois de que a súa familia recoñecera a vestimenta.
Unha camiseta negra e unhas zapatillas brancas era o que levaba o cadáver no momento de ser descuberto, suficiente para que os seus achegados puidesen confirmar de primeiras a súa identidade. Porén, aínda están a espera de coñecer os resultados das pertinentes probas de ADN que corroboren con total certeza as primeiras impresións.