Pecha ao público o refuxio de animais de Mougá

Os servizos de entrega e recollida realizaranse de forma restrinxida

A Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol pecha ao público en xeral o refuxio de animais de Mouga tras decretar o Goberno central o estado de alarma para conter a expansión do coronavirus. Entre as medidas que adopta o centro para contribuír á detención da enfermidade está tamén a redución da
presenza física do persoal ao mínimo necesario.

A entrega de animais aos seus propietarios realizarase con cita previa e de xeito individual. Ademais, establecéronse servizos indispensables para a limpeza do centro, alimentación e a atención veterinaria e de lacería.

As recollidas de animais restrinxíronse aos casos de atención necesaria, como no caso dos feridos, os potencialmente perigosos, os mantidos en instalacións municipais non habitadas para o
mantemento dos mesmos, os animais libres que poidan causar accidentes ou lesións e actuacións de emerxencia requiridas polo poder xudicial e os corpos e forzas de seguridade.

As solicitudes de entrega voluntaria de animais con propietario quedarán suspendidas, tanto na súa tramitación como execución.

Salir de la versión móvil