Piden sete anos de prisión para un home que agrediu e ameazou cun coitelo a súa ex parella

Ademáis das amezas e as agresións impútaselle un delito de invasión de domicilio xa que entrou pola forza na vivenda da vítima
edificio_de_la_audiencia_provincial_de_a_coruna_001

O próximo luns comezará na Audiencia Provincial da Coruña o xuízo contra un veciño da comarca, de iniciais D.R.R, que podería enfrontarse a unha pena de prisión de sete anos por agredir a súa ex parella, tras entrar no seu domicilio pola forza. Según o escrito da fiscalía, os feitos ocorreron na madrugada do 15 de xuño de 2018 cando o acusado e a vítima tiveron unha discusión telefónica que rematou co home ás portas da casa da muller.

Como esta negouse a abrirlle a porta, D.R.R rompeu a pechadura a patadas e logrou entran pola forza na vivenda mentras a muller pedía auxilio. Unha vez dentro, o home colleu un coitelo e agarrándoa polo pescozo ameazouna de morte en reiteradas ocasións. Antes de marcharse e coa vítima aínda inmobilizada, golpeoulle o nariz contra a porta de entrada, facéndolle unha ferida que requeriu de puntos de sutura.

A acusación pública pide para este agresor dous de prisión por un delito de invasión de domicilio, outros dous anos por un delito de ameazas e tres máis por un delito de lesións agravadas. Ademáis a Fiscalía pide unha multa a razón de 9 euros diarios durante 9 meses e a indemnización de 200 euros polos días de curación, outros 300 euros polas secuelas e na cantidade de 136,10 euros polo custo de reparación da fechadura da porta do seu domicilio fracturada e indemnizará ao SERGAS na cantidade de 401,94 euros polos gastos de curación abonados.

 

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.