Ponse en marcha un servizo de atención podolóxica para persoas sen teito e en exclusión social

O Concello de Ferrol e a UDC firmaron un convenio de colaboración para poder prestar atención podolóxica integral ás persoas máis vulnerables
_img165882PICt3m0

Esta mañá na comisión ordinaria de Benestar Social, Igualdade, Muller, Xuventude e Patrimonio Histórico, deuse conta aos grupos da oposición do convenio de colaboración que o alcalde de Ferrol, Ángel Mato, e o reitor da Universidade da Coruña, Julio Albalde, firmarán nos próximos días para a asistencia na Clínica Universitaria de Podoloxía ás persoas sen fogar e en exclusión social, ubicada no antigo Hospital Naval.

Tal e como se explicou, o Concello destinará a dito convenio unha cantidade de 5.000 euros anuais, para que así as persoas máis vulnerables poidan teer unha asistencia integral podolóxica. Dita atención podolóxica integral incluirá servizos de quiropodoloxía, ciruxía podolóxica, exploración e biomecánica, ortopodoloxía e pé de risco, e só poderán ser atendidas 70 persoas por curso, e dará comezo a finais de setembro.

A edil explicou que dita iniciativa ten dous vertentes. Por unha banda, facilitar o acceso a un recurso sanitaria que non é menor, sobre todo para as persoas vulnerables. E, por outra, recoñecer a unha escola que é un referente galego.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.