Primeira vítima mortal de Ferrolterra por coronavirus

Un veciño de Cedeira de 72 anos, que se atopaba ingresado no CHUAC, é o cuarto falecemento en Galicia
Complexo Hospitalario Universitario da Coruña
Complexo Hospitalario Universitario da Coruña

Un home de 72 anos con positivo en coronavirus faleceu no Complexo Hospitalario Universitario A Coruña (CHUAC). Trátase dun veciño de Cedeira que levaba dende a pasada semana ingresado na UCI do hospital coruñés. O defunto presentaba diversas patoloxías previas.

Trátase do cuarto falecido en Galicia por esta enfermidade e o primeiro veciño das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal. Antes que el, morreron un home de 45 anos na Coruña; outro de 81 en Montecelo, en Pontevedra, e unha señora de 92 en Povisa, en Vigo.

 

Relacionado: 

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.