«Ratón Pérez 2» é a película escollida para unha nova sesión de cine ao aire libre no municipio de Neda

Este xoves ás 22:00 horas poderase acudir de balde á Cruz do Pouso para ver este film, aínda que as restriccións sanitarias obrigan a reservar entrada
115567030_2663312610577371_1916619442904268915_o

O Concello de Neda convida unha vez máis tanto á mocidade como aos  maiores a gozar dunha nova sesión do mellor cine ao aire libre este xoves. Na Cruz do Pouso proxectarase o filme de animación «Ratón Pérez 2» a partir das 22:00 horas, unha actividade incluída na Rede Cultural da Deputación provincial da Coruña.

A entrada para ver a película é de balde, pero é necesaria reservala, xa que trátase dunha das medidas establecidas no marco da nova normalidade imposta pola COVID-19. Así, o prazo para reservar as entradas ábrese hoxe e pecharase o mesmo xoves. Debe solicitarse na Casa da Cultura de 10:00 a 14:00 horas ou chamando no mesmo horario ao teléfono 981 39 02 33. A reserva debe realizala unha persoa adulta e aportar nome e apelidos, DNI e teléfono de contacto.

O Concello tentará agrupar ás familias e tamén aos grupos de amizades de cara a optimizar un espazo que se verá mermado polas distancias sociais que se precisan gardar. Así mesmo, o día da sesión as persoas deben acudir cunha antelación mínima de 10 minutos antes do inicio da proxección para acomodar espazos.

Publicidad
Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.