A programación cultural do Concello de Valdoviño continuará este venres 13 de novembro cun concerto moi especial. Titulado «Arredor de Nós», correrá a cargo de Carmen Penim e Maurizio Polsinelli. Xuntos forman dende 2008 2naFronteira, un dúo de piano/harmonio e voz coñecido pola súa calidade, paixón e eclecticismo musical.
Dirixido a todos os públicos, o recital celebrarase no auditorio da Casa da Cultura a partir das 20.30 horas. As persoas interesadas en asistir deben retirar a súa invitación entre este martes e o venres na Casa da Cultura, en horario de 11.00 a 14.00 horas. As prazas, por mor dos protocolos de prevención fronte á covid para unha cultura segura, están moi limitadas.
Co concerto Arredor de Nós, 2naFronteira renova o seu traballo do disco Sons de Nós, con novas cancións baseadas na revista Nós. A función inclúese na Rede Cultural da Deputación provincial da Coruña.