Reclamacións no barrio de Canido polo actual estado do Lavadoiro de Ínsua

Dende a Intrabarrial de Canido esixen á administración local un plan de actuación para poder levar a cabo a reforma do antigo lavadoiro

O que antigamente fora un lavadoiro no Barrio ferrolán de Canido agora está abandonado. Esa é a actual situación do Lavadoiro de Ínsua o cal, tras varias reformas, convertérase hai uns anos nun parque infantil e que, ata hai uns meses, deixou de selo posto que o Concello encargouse de retirar os xogos dedicados para os máis cativos.

Despois disto a concelleira de Obras e Servizos afirmou que o lavadoiro non ía permanecer no abandono, senón que ía a ser utilizado para mellorar a calidade dos veciños. E estes mesmos non tardaron moito en reaccionar, posto que este luns 20 de xullo a Asociación Veciñal de Canido actuou como voceira para mostrarlle á mesma edil un documento cunha proposta.

Unha proposta de todos

Axudada pola Intrabarrial de Canido -un conxunto de asociación veciñais-, a mencionada asociación de veciños explicou nun documento os principais obxectivos a perseguir. En primeira instancia, independentemente do uso que se lle acaba outorgando ao lavadoiro, queren que se preserve e visibilice a historia de esta mítica estrutura da barriada ferrolán, mediante diferentes iniciativas como paneis informativos ou códigos QR.

Por outra banda, o que se pretende desde a asociación é que o maior número de veciños de Canido sexan capaces de poñer en común diferentes iniciativas a realizar, sen esquecerse de todas as persoas que se encargan de seguir mantendo vivo o lavadoiro, evitando na medida do posible que se poda convertir nun espazo excluínte. Para levar a cabo este proceso participativo pensouse en varias alternativas como a metodoloxía Oasis, que consiste en realizar unha reunión cun gran número de veciños e, a través de carteis ou debuxos, estes poidan poñer en común diferentes e múltiples alternativas para, todos xuntos, atopar a mellor proposta posible.

De momento, antes de levar a cabo o proceso participativo esperarase á resposta do Concello de Ferrol, onde a concelleira de Obras e Servizos asegurou esta mañá que se estudará o documento entregado para poder efectuar a reforma de maneira efectiva.

 

Salir de la versión móvil