Redúcese levemente o número total de contaxios e de hospitalizados na área sanitaria de Ferrolterra

A cifra de contaxios nas comarcas baixa ata os 174 pacientes afectados, e os ingresados disminúen por terceiro día consecutivo a un total de 5

As cifras de coronavirus, pouco a pouco, parecen calmarse despois de que fai escasos se rexistrara a cifra récord de contaxiados na área sanitaria de Ferrolterra, un total de 176. Segundo os datos actualizados pola Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, as cifras arroxadas nas últimas 24 horas descenden dous casos, sendo un total de 174 os contaxiados.

Baixada das cifras, aumento dos contaxios

A pesar de que o número total de pacientes afectados pola Covid-19 na área sanitaria de Ferrolterra parece comezar a descender, non se debe tomar como unha boa noticia ou un dato esperanzador, pois aínda queda moito por facer. De feito, a pesar de que as cifras arroxen un lixeiro descenso, en tan só un día foron un total de 13 os novos casos de contaxio.

Esto débese a que onte eran un total de 714 os casos non activos ou curados, e hoxe a cifra sitúase en 729, é dicir, 15 altas médicas, tan só duas con respecto ao novo número de contaxios, de aí o leve descenso da cuantía total.

Menos gravidade concentrada nos hospitais

Porén, a boa noticia ven dada polo número de pacientes hospitalizados, xa outro paciente abandonou o centro hospitalario onde estaba ingresado, sendo este o terceiro día consecutivo onde se experimenta unha reducción dos ingresados. Polo momento hai un total de 5 doentes que debido ao seu empeoramento continúan en unidades de hospitalización.

Preocupación nas residencias de maiores

Un dos temas que máis manteñen en vilo á poboación lindeira nesta segunda onda de contaxios é o relativo ás residencias de maiores, xa que a mortalidade provocada polo virus acentúase a medida que aumenta a idade do infectado.

Ademais, a preocupación xeneralizada incrementouse ao rexistrarse os dous primeiros casos de contaxios en varias residencias de maiores da comarca. A pesar diso, dos 33 falecidos contabilizados na área sanitaria de Ferrol tan só 3 destas vítimas mortais estaban ingresadas en centros de día. Polo momento, séguese a descoñecer algún novo caso rexistrado nalgunha destas instalacións.

Salir de la versión móvil