Rematados os traballos de repavimentación do camiño Fonte Sapa de Serantes

Incorporouse a antiga estrada un novo pavimento de seis centímetros ademais de facer varias tarefas de reacondicionamento das marxes
Fonte Sapa3 (después)

O Concello de Ferrol, a través da concellería de Obras e Servizos, vén de rematar os traballos de repavimentación do camiño da Fonte Sapa no barrio de Serantes. A intervención na súa totalidade dividiuse en dous tramos.

No primeiro leváronse a cabo obras para fresar e repavimentar o firme existente, tapouse as fochas e estendeuse un novo pavimento aglomerado de seis centímetros. Noutro aplicouse todo un estendido e compactado, desbrozáronse e limpiáronse as marxes, escarificouse o firme, formouse canles e tamén entubáronse os regatos.

A lonxitude de ambos tramos é de 460 metros. O camiño da Fonte Sapa encontrábase un estado moi deteriorado e presentaba complicacións de circulación, polo que a intervención responde as petición por parte da veciñanza local. Finalmente, o goberno local cumpriu co seu compromiso de mellorar a accesibilidade na zona rural de Ferrol.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.