Salvamento Marítimo tivo que realizar onte una operación de rescate dun pesqueiro pouco despois das 12 do mediodía. A embarcación, de nome «Pescalema», de 18 metros de eslora e con base no porto de Muxía, deu a voz de alarma por encontrarse á deriva debido a un fallo no motor.
O Centro de Coordinación de Salvamento Marítimo de Finisterre foi o encargado de dirixir as operacións e enviou ao buque de Salvamento «María Pita», que localizou o pesqueiro a media tarde a 22 millas ao noroeste de Cabo Prior con cinco tripulantes. A embarcación foi remolcada ata o porto da Coruña, a onde chegou pasadas as 22.00 horas.