O concelleiro de Urbanismo e Infraestructuras, Mobilidade, Vivenda e Rehabilitación, Julián Reina, mantivo esta semana unha reunión coa presidenta da asociación de veciños de Caranza, Pilar Rodríguez, para escoitar as demandas dos residentes e abordar asuntos de interese para o barrio, como é a humanización do parque de Fontelonga.
O edil está a reunirse cos representantes veciñais da cidade, tanto do centro como da zona rural, co fin de «manter contacto periódico coas asociacións e atender as súas necesidades», dixo Reina. «A nosa vontade é que os nosos veciños saiban que poden contar coa seu Administración máis próxima, o seu Concello». Durante o encontro coa representante dos veciños de Caranza, Reina manifestou que o departamento municipal está a traballar para proxectar unha intervención no parque de Fontelonga que logre «humaniza» o espazo co fin de acondicionar a zona verde para o goce dos veciños.