Reventa unha tubería de auga na rúa Sánchez Calviño

Varios efectivos da Policía Local e os Bombeiros tiveron que desprazarse ao barrio ferrolán do Inferniño tras o gran susto xeneralizado

O reventón dunha tubería este xoves pouco antes das 18.00 horas da tarde colleu por sorpresa á veciñanza e aos viandantes pasaban pola rúa Sánchez Calviño, nas proximidades do parque do Inferniño.

A fuga produciuse nunha das beirarrúas, provocando que a auga saíra a borbotóns do conducto a un varios metros de altura. A situación provocou que varios dos presentes deran o aviso a Policía Local de Ferrol, a cal se desprazou para regular e cortar o tráfico intres despois da avería.

A maiores unha unidade de Bombeiros e un camión da empresa de servizo de augas Socamex tiveron que intervir para cortar o suministro e poder localizar a orixe da rotura. Aínda polo momento se descoñece a gravidade da avería e o tempo que pode levar arranxala.

 

Salir de la versión móvil