Entre os días 12 e 13 de setembro cometéronse varios roubos con forza en diferentes locais hostaleiros de Ferrol e de Narón. Grazas á colaboración veciñal e ós propios hostaleiros, a Policía Nacional conseguiu identificar aos presuntos responsables, un grupo de delincuentes xa coñecido polos axentes e que contaban con múltiples antecedentes policiais.
Estes mozos accedían aos establecementos forzando as persianas de seguridade e as portas onde, unha vez dentro, fracturaban os comecartos e as caixas rexistradoras. Porén, en todas as ocasións algo debeu de saírlles mal, posto que en ningún dos roubos os ladróns lograron facerse co botín.
Tras diversas declaracións e recoñecementos testimoniais, a policía detivo aos catro presuntos autores dos roubos en tentativa, pasando tres deles ao dispor do Xulgado de Instrución nº 3 de Ferrol.