Sae a licitación servizo de dirección de obra e coordinación de seguridade e saúde da rúa Espartero

O 11 de setembro conclúe o prazo para presentar as ofertas para a reurbanización dunha das rúas máis importantes do barrio histórico ferrolán
72737552_3085179701578164_2815116673516466255_o

O Concello de Ferrol publicou onte no seu perfil da plataforma de contratación do sector público o anuncio de licitación electrónica do servizo de dirección de obra e coordinación de seguridade e saúde dos traballos comprendidos no proxecto de reurbanización da rúa Espartero, en Ferrol Vello, entre San Antón e a estrada Alta do Porto.

O orzamento base de licitación sen impostos é de 19.154,08 euros, e o prazo para presentar ofertas conclúe ás 23.59 horas do próximo 11 de setembro. O proxecto de reurbanización da rúa Espartero, que saíu a licitación o pasado día 19, conta cun presuposto de 620.197,36 euros, dos que o 80 % -496.157,89- está previsto que se financien con fondos europeos e o 20 % -124.039,47- con cargo ás arcas municipais. O prazo de presentación de propostas rematará o próximo 9 de setembro, mentres que o de execución das obras unha vez se inicien os traballos é de seis meses.

Melloras na calzada e nas instalacións dos suministros

Esta actuación inclúe a eliminación das beirarrúas, polo que a plataforma da rúa pasará a ser única. A diferenciación dos espazos dedicados aos peóns e ao tráfico rodado realizarase mediante un cambio de pavimento. Deste xeito, as actuais lousas que forman as beirarrúas no tramo entre San Antonio e Baterías volveranse utilizar, sempre que sexa posible, tendo en conta que se trata dun elemento catalogado no Plan Especial  de Protección e Rehabilitación de Ferrol Vello.

No caso de que sexa necesario, o novo material que se aporte terá características similares ao xa existente. A zona destinada ao paso de vehículos será de adoquín, seguindo o mesmo esquema doutras urbanizacións recentes no barrio, como Merced, Socorro, Conchas e Mártires. Na parte final, entre Baterías e a estrada Alta do Porto, empregaranse lousas de granito na totalidade da rúa, sen diferenciar entre áreas destinadas aos peóns e ao tráfico rodado.

As obras implicarán a renovación das instalacións tanto de saneamento coma de abastecemento de auga. Tamén a reposición da rede de gas. Está prevista a construción de canalizacións para o soterramento das liñas eléctricas e de telecomunicacións. Por último, instalarase un novo alumeado público e mobiliario urbano axeitado ao proxecto deste tipo de elementos para Ferrol Vello.

Para o concelleiro de Urbanismo, Julián Reina, esta intervención é «unha das rúas máis importantes do barrio histórico ferrolán» e vai contribuír de xeito significativo á rexeneración e á humanización dunha parte da cidade declarada área de rehabilitación integral -ARI- no 2001 e ben de interese cultural no 2011.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.