O Concello de Ferrol e Salvamento Marítimo acaban de dar o primeiro paso para establecer mecanismos de coordinación para rescates. O concelleiro de Seguridade e o xefe do Corpo de Bombeiros recibiron o martes 21 de xullo no parque da Gándara a visita do novo xefe do Centro de Coordinación de Salvamento, que tomou posesión de dito cargo en días pasados. Durante o encontro, os tres trataron a posibilidade de pór en marcha procedementos de colaboración máis eficientes co obxectivo de axilizar a resposta dos medios de rescate, tanto nas costas do municipio que dan a mar aberto como no interior da ría.
O edil mostrou a súa satisfacción porque se abra esta oportunidade, pola que lle expresou o seu agradecemento ao novo responsable do Centro de Coordinación de Salvamento con sede na torre de control da Coruña, e destacou a experiencia dos bombeiros ferroláns en dispositivos de rescate nun litoral tam amplo como o ferrolán, que abrangue áreas de especial complexidade para este tipo de labores. A partir de agora, con novos mecanismos que permitirán a coordinacción entre o corpo contraincendios e Salvamento Marítimo servirá para optimizar os recursos á hora de ofrecer un servizo máis efectivo en caso de accidentes ou situacións de risco e moito más rápido á hora de actuar.