As autoridades veñen de avisar de importantes desperfectos na presa do castelo de Naraío que poderían debilitar a resistencia da estrutura. Os danos, provocados posiblemente polas últimas enchentes, aféctanlle a aproximadamente un tercio do contraforte, de onde se desprenderon pedras e outro material de cimentación do encoro, que mide uns 10 metros de longo por aproximadamente 7 de alto. Trala comunicación da incidencia por parte de Hidroeléctrica Río Castro (antiga Electra del Narahío), titular da concesión, o 112 mobilizou pouco despois das 16:00h os Bombeiros do Eume e unha patrulla da Garda Civil de cara a avaliar o risco ante unha eventual rotura, tendo en conta que para esta fin de semana se prevén de novo fortes chuvias.
Por este motivo, desde o Concello de San Sadurniño informaron da prohibiciñon de accerder á fervenza do castelo e outros espazos situados inmediatamente a continuación da presa, como é o caso da central eléctrico. Además de non percorrer o sendeiro do castro nin achegarse á beira do río mentres non se coñeza o alcance real dos danos e, de ser necesario, mentres non se repare a estrutura
A empresa xa avisou a aquela veciñanza da zona que podería verse directamente afectada por un rebordamento súpeto do río (en principio só habería dúas vivendas do lugar de Riolimpo, unha delas deshabitada) e tamén balizou e colocou carteis de advertencia nos puntos que presentarían un maior perigo. Ademais, desde o Centro Integrado de Emerxencias de Galicia CIAE 112 tamén se informou da incidencia aos responsables municipais dos concellos polos que discorre o Castro, que son San Sadurniño, Neda e Narón.