Cortes de luz en Moeche e San Sadurniño por traballos de mellora na liña de Fenosa

Produciranse entre as 08.00 e as 12.00 horas do xoves e afectarán a varias parroquias de ambos municipios
DSC01741

Unión Fenosa Distribución informou esta mañá dun corte de electricidade entre as 08.00 e as 12.00 horas do xoves que lle afectará a distintos lugares de San Sadurniño e Moeche, dentro dos traballos de «mellora da calidade da subministración eléctrica» que tanto o Concello como a veciñanza veñen esixindo desde hai tempo.

No caso de San Sadurniño a interrupción centrarase nas liñas que abastecen as zonas Camiño Arriba, Filgueiras, Felgosa, O Couto, Mandrá, O Redo, O Vilar e Piegolongo, precisamente as que levan padecido máis cortes por causa do mal estado do tendido.

A raíz das demandas municipais -trasladadas tamén á Xunta de Galicia- a distribuidora tamén levou a cabo traballos para soterrar liñas e instalar novos centros de transformación na zona norte e norleste do municipio, xa que o resto do territorio conta con subministración de Electra del Naraío, de Niebladis ou de Electra del Cabalar.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.