Cortes de luz en Moeche e San Sadurniño por traballos de mellora na liña de Fenosa

Produciranse entre as 08.00 e as 12.00 horas do xoves e afectarán a varias parroquias de ambos municipios

Unión Fenosa Distribución informou esta mañá dun corte de electricidade entre as 08.00 e as 12.00 horas do xoves que lle afectará a distintos lugares de San Sadurniño e Moeche, dentro dos traballos de “mellora da calidade da subministración eléctrica” que tanto o Concello como a veciñanza veñen esixindo desde hai tempo.

No caso de San Sadurniño a interrupción centrarase nas liñas que abastecen as zonas Camiño Arriba, Filgueiras, Felgosa, O Couto, Mandrá, O Redo, O Vilar e Piegolongo, precisamente as que levan padecido máis cortes por causa do mal estado do tendido.

A raíz das demandas municipais -trasladadas tamén á Xunta de Galicia- a distribuidora tamén levou a cabo traballos para soterrar liñas e instalar novos centros de transformación na zona norte e norleste do municipio, xa que o resto do territorio conta con subministración de Electra del Naraío, de Niebladis ou de Electra del Cabalar.

Salir de la versión móvil