San Sadurniño contratará a tres persoas durante cinco meses e medio grazas ao programa PEL da Deputación

O Concello conta cunha partida de 28.000 euros asignada desde a entidade provincial nesta convocatoria

San Sadurniño acolleuse ao  Plan de Emprego Local convocado pola Deputación da Coruña para favorecer o emprego e a integración laboral e para iso conta cunha partida 28.000 euros cos que se prevé contratar durante cinco meses e medio tres persoas. As bases establecen que o proceso selectivo para cubrir eses postos se faga partindo dun listado de demandantes de emprego enviado polo Servizo Público de Emprego de Galicia (SPEG). O Concello xa solicitou hoxe mesmo esa relación de persoas aspirantes a cada un dos postos, que serán chamadas nos próximos días para participar na selección mediante concurso-oposición.

Igual que na convocatoria do ano pasado, para formar parte do listado de aspirantes é necesario estar de alta no SPEG como demandante de emprego en traballos coincidentes cos ofertados polo Concello, posto que o servizo público só remite os perfís de aquelas persoas que cumpren con ese requisito principal.

Os postos de carácter temporal que se cubrirán dentro do PEL son os seguintes:

Ademais de ter inscrición no SPEG como demandantes non ocupadas, tamén se marcan outras condicións que han de cumprirse, se non todas, alomenos algunha delas, como por exemplo  ter máis de 45 anos, levar en situación de desemprego dous ou máis anos, ter unha discapacidade recoñecida igual ou superior ao 33%, ser muller, vivir nun fogar onde ninguén teña traballo, ser familia monoparental, non ter fogar, ter dificultade para atopar traballo por razón do idioma ou circunstancias socioculturais, ser vítima de violencia de xénero ou encontrarse nunha situación de drogodependencia.

Salir de la versión móvil