Sanitarios do CHUF participarán nun ensaio clínico de prevención do coronavirus

O Ministerio de Sanidade seleccionou ao centro ferrolán e ao de Santiago entre os 62 hospitais participantes
chuf

O CHUF de Ferrol é un dos 62 hospitais seleccionados polo Ministerio de Sanidade para participar nun estudo no marco do Plan Nacional sobre a SIDA, segundo explicou este sábado a Delegación do Goberno en Galicia nun comunicado. En total serán 4.000 profesionais do ámbito da medicina, enfermería, farmacia, radioloxía e laboratorio os que se sometan a este ensaio, denominado ‘ Epicos’ (Ensaio Clínico para a Prevención da Infección por Coronavirus en Sanitarios).

Trátase «do maior» destas características en Europa e un dos máis grandes do mundo. O obxectivo é obter os «primeiros resultados en catro semanas» e «avaliar o risco de desenvolver a enfermidade sintomática en persoal de alto risco». Para iso, administrarase «de maneira preventiva e aleatoria» un ou dous medicamentos que se compararán cun grupo placebo.

Así, cotexarase a eficacia preventiva de tres tratamentos estratéxicos: hidroxicloroquina, antirretrovirais que se utilizan para tratar a infección por VIH e a combinación de ambos.

O tratamento preventivo terá unha duración de 12 semanas aínda que se realizarán análises mensuais para avaliar a eficacia de cada opción, precisa o comunicado. Desta maneira, búscase protexer aos sanitarios que se atopan en primeira liña de traballo para frear esta pandemia e aos pacientes, aos que poden contaxiar o persoal asintomático do hospital.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.